Descrición

É unha pequena aldea situada no fondo dun val sucado polo regato Veiga de Logares. Está formada por media ducia de casas e un hórreo impoñente. Aínda que abandonada hai anos e case en ruína, mantén todo o encanto dunha aldea de montaña. É posible percorrela e explorala atopando múltiples recunchos ateigados de micropaisaxes singulares. É preciso ir con coidado na visita para evitar accidentes. Igualmente, a súa contorna é de grande beleza, así como o camiño que conduce á aldea.

Vídeo