Descrición

O barrio de Lúa é unha pequena aldea que, grazas ao agarimo e á dedicación dos seus veciños, consérvase en moi bo estado. É habitual atopar abondosas flores e plantas que adornan casas, patios e rúas, ou unha curiosa escalinata tallada na rocha, facendo a visita moi agradable. Nos muros da igrexa atopamos esta fonte tan singular, pois a auga semella manar da propia parede. É unha peza moi sinxela feita con cachotaría e unha pequena estrutura de castiñeiro que soporta a cuberta de pedra.

Vídeo