Descrición

Situada nun alto promontorio sobre o rio Navia, esta pequena capela destaca polas súas paredes brancas no fondo dunha pequena aldea semi abandonada, con varias casas e máis un hórreo en ruínas. Estas zona está ligada á explotación dos minerais que abundan so subsolo, como amosan os restos dun forno de fundición e a acumulación de escouras de fundición preto da igrexa. A capela compón unha fermosa imaxe coa aciñeira ao seu carón, recortándose ambas contra o ceo.