Descrición

A súa figura destaca no medio dun amplo prado, onde resalta o contraste do gris das súas pedras co verde do campo. Crese que data do século XVII e a lenda atribúe a súa construción á intervención da Virxe tras unha copiosa nevada un día 5 de agosto. Moi preto hai unha área recreativa con mesas, bancos, grella e unha ampla zona verde.