Descrición

No medio dun fermosos bosque de castiñeiros, algúns con curiosas formas que nos achegan unha idea da súa lonxevidade, atopamos esta capela encalada en branco, como adoita ser na zona. Ten un pórtico aberto e un sinxelo campanario cunha campá minúscula. Toda a zona é un plácido espazo verde con moitos recunchos interesantes.