Descrición

Na parroquia de Penamaior, un tanto retirada da estrada e semi agochada no fondo dun prado, atopamos esta pequena e sinxela ermida. Catro paredes, unha cuberta de lousa e unha cruz de madeira cun muro a base de pequenas pedras, forman este interesante conxunto. Complétano un acivro e un carballo. Está próxima ao Santuario de Penamaior