Descrición

Este parque urbano atópase no centro de Mosteiro. Formado por unha ampla carballeira, acolle unha zona de lecer con mesas, bancos e área infantil. Hai tamén unha caseta onde se pode comer polbo nos días de feira. Nesta carballeira vénse celebrando desde hai tres décadas a Festa ao Emigrante, que cada 24 de agosto reúne a centos de veciños, tanto residentes no concello como fóra del.