Descrición

Trátase dunha árbore de gran porte que ben podería figurar no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. Atópase na pequena aldea de Trobo, ao lado da Igrexa de Santa María, na cal destaca o campanario cunha escalinata exterior e un amplo pórtico de entrada. Moi preto, no lateral sur, atopamos unha pequena fonte á que se accede a través dun corredor formado por grandes matas de hortensias, creando un conxunto moi agradable. Os tres elementos – carballo, igrexa e fonte – permítennos descubrir múltiples micropaisaxes.