Descrición

Na ruta cara o Muíño da Allonquiña pasamos por unha carballeira, seguindo un camiño de carros. En boa parte do percorrido o lado dereito deste é delimitado unha impoñente parede de groso musgo que cubre totalmente un muro de pedra que alterna con tramos formados por laxes verticais. Pola súa banda, o chan está cuberto por unha densa capa de follas de carballo. Todos estes elementos conforman un conxunto moi interesante ao que acompañan os sons do bosque.