Descrición

Sobre os restos dun pequeno asentamento da Idade do Ferro atopamos unha especie de labirinto formado por antigos muros, fosos e camiños, completamente cubertos por densos musgos, grandes fentos e árbores centenarias. Todo isto forma un conxunto de grande interese no que é posible localizar innumerables micropaisaxes. Paga a pena visitalo en distintas épocas do ano, ao ser un bosque formado esencialmente por carballos e castiñeiros.

Vídeo