Descrición

Sobre un meandro do Rego das Covas, que o fai case inexpugnable, atópase o castro de Castañoso, parcialmente escavado. Recentemente descubriuse o que semella ser unha estancia de pedra dedicada á purificación mediante o vapor xerado a partir de quentar a auga, canalizada ata alí. En calquera caso, estamos nun lugar de gran beleza natural, no medio dun bosque exuberante que paga a pena visitar con tempo abondo para gozar e descubrir múltiples micropaisaxes cos seus sons, os seus olores, etc.