Descrición

No fondo do val, nas beiras do río Suarna (antes de que se una ao Navia), atopamos unha paraxe singular á que o abandono e o paso do tempo converten nalgo case máxico. Trátase dos restos dunha antiga explotación de mineral de ferro de bastante entidade, a xulgar polo seu tamaño. Construída cara 1793, mantívose operativa durante un século, no que funcionaron un forno e varios mazos para traballar o mineral. Pódense ver as ruínas de varias construcións, vivendas, almacéns, un muíño e mesmo unha pequena capela. Toda a contorna é moi agradable, con árbores de bo tamaño, carballos, bidueiros e algunha faia na beira do río.

Mapas