Descrición

Trátase dunha pequena fervenza con gran valor visual e relaxantes sons, ao igual que toda esta ruta de sendeirismo PR-G 159, Sendeiro de Quintá – Donsal promovida pola asociación local “Castaño y Nogal”. Ao seu redor atopamos diversos elementos (rochas, árbores, o río) cos que compoñemos imaxes de gran beleza.