Descrición

Situada na parte alta do pobo, ao pé da estrada N-VI, trátase dun conxunto restaurado recentemente e formado por tres elementos: a propia fonte, un amplo lavadoiro e unha cuberta de madeira e lousa que protexe ambas as pezas. Trátase dun lugar moi agradable para repoñer forzas, refrescarse ou parar un anaco e gozar do murmurio da auga, moi apreciada para beber pola veciñanza.