Descrición

Unha sinxela fonte, apenas un cano para a auga, e unha gran pía destinada a lavadoiro na que aínda perduran dúas grandes laxes de lousa para enxaboar e frotar a roupa, forman este conxunto, protexido por unha cuberta de castiñeiro e lousa. A humidade do lugar, o efecto do paso do tempo e a falla de uso permitiron unha abondosa vexetación que achega unha ampla gama de tons verdes que pintan este recuncho.