Descrición

Esta pequena fonte ou “Fons Sacrata”, situada nun cruce de camiños moi transitado, propiciou o asentamento de poboación, dando lugar ao nacemento da Fonsagrada. Unha lenda relaciónaa co Apóstolo Santiago e a curación dunha doenza grazas ás súas augas. Detrás dela atópase a igrexa parroquial, de estilo barroco e erguida entre os séculos XVI e XVII. Ambos son un excelente punto de partida para percorrer o pobo e desfrutar de múltiples micropaisaxes.