Descrición

O barrio de Lúa é unha pequena aldea que, grazas ao agarimo e á dedicación dos seus veciños, consérvase en moi bo estado. É habitual atopar abondosas flores e plantas que adornan casas, patios e rúas, ou unha curiosa escalinata tallada na rocha, facendo a visita moi agradable. Tamén atopamos unha grande variedade de hórreos, algúns de gran tamaño e en xeral ben conservados, o que nos dá unha idea da gran produción agrícola que tiveron estas terras. Se nos fixamos ben, poderemos descubrir neles moitos detallas da arquitectura ou as pegadas do paso do tempo, que nos axudarán a definir múltiples micropaisaxes.