Descrición

Aínda que formou parte dun mosteiro da Orde do Císter, só se conserva esta igrexa de orixe románica. Ten planta de cruz latina e destaca o amplo pórtico de lousa con cuberta a dúas augas. Moi preto, na parte alta do pobo e nunha praciña, hai unha pequena capela, posiblemente privada. Máis alta que ancha, lembra un torreón e na súa fachada principal ten un pórtico de laxes de lousa a tres augas ao que se accede por unha candela de ferro, a través dun muro totalmente cuberto de vexetación..