Descrición

Popularmente coñecida como “Igrexa do Santo” en referencia ao Santo Ecce Homo, en cuxa honra se celebra unha romaría de gran arraigamento no municipio de Becerreá. Esta igrexa fúndase en 1727, sobre outra de orixe románico, quizá do s. XII ou XIII. Forma un conxunto interesante no que destacan o impoñente campanario, a cúpula octogonal, a escalinata e o amplo bosque de carballos que a rodea. Atópase na Vía de Künig e fronte ela ten un prado onde se instalan as casetas dos veciños durante a celebración da festa.

Vídeo