Descrición

Neste tramo da ruta de sendeirismo PR-G 159, Sendeiro de Quintá – Donsal, promovido pola asociación local “Castaño y Nogal”, descubrimos este elemento singular. Trátase dunha pequena construción xunto ao río na que se instalou unha turbina para xerar electricidade. Actualmente abandonada, esta mini central compón imaxes de gran beleza nas que se integran o río, o camiño, as árbores e, mesmo, os sons da auga e os paxaros.