Descrición

Pouco coñecido, este mosteiro atópase entre Becerreá e Baralla, nunha zona pouco transitada e na que se respira paz por todos os lados. Existen referencias á súa existencia no ano 922, aínda que a igrexa é algo posterior, cara 1177. Esta ten planta basilical, con tres naves e outros tantas ábsidas. Hai diversas inscricións e detalles artísticos que a fan moi interesante. Atópase en plena Vía de Künig e a súa relevancia é tal que mesmo forma parte do escenario dalgunha novela histórica.