Descrición

Podemos chamar así a esta curva de entrada á ponte que, na estrada LU-P-0705, dá acceso ao sendeiro PR-G 159 Quintá – Donsal, chegando desde Quintá. Neste lugar, un artista local aproveitou as características das rochas, a ponte, etc., para pintar unhas marcas que compoñen imaxes que lembran a mouchos e curuxas, formando un conxunto bastante curioso. Un pouco máis adiante, pasada a ponte, atopamos unha fonte e un banco rústico feito polos veciños.