Descrición

Tamén é coñecida como Ponte do Diaño, ao cal a lenda atribúe a súa construción nunha soa noite. Dise que se “apareceu” a unha muller encinta que facía cada día unha longa camiñada para poder cruzar o río Navia, e prometeulle que construiría unha ponte a cambio de que ela lle entregase o primeiro ser nacido na súa cas. A sorte quixo que a primeira en parir fose unha gata, de xeito que a muller saldou a débeda co demo dándolle un gatiño ou “gatín”, de aí o nome. A historia dinos que a súa orixe é romana, xa que formaba parte da Vía XIX, que unía Braga con Astorga pasando por Padrón. En perfecto estado, é unha construción harmónica e de gran beleza que conforma un agradable conxunto con outras construcións próximas e máis co bosque de ribeira do Navia.

Vídeo