Descrición

Preto da aldea de Piñeira, no final dun amplo prado que sirve de campo da festa, atopamos esta pequena ponte de madeira. Trátase dunha pasarela case cuberta polo musgo na que se adiviñan o paso do tempo e a forza da natureza. Moi preto, un camiño de carros sobe pola ladeira.