Descrición

Conta cun areal que forma unha ampla zona de baño na beira esquerda do río de Lamas (que máis adiante se une ao Navia) e un bo número de mesas e bancos de pedra. Unha pasarela pendurada permite ir dunha beira á outra e desfrutar das vistas sobre a auga, así como dos servizos do bar instalado na parte dereita. O bosque de galería e as formacións de rochas próximas súmanse aos atractivos deste lugar.

Vídeo