Descrición

“Seimeira” é o nome que reciben nesta comarca as fervenzas. Situada nun tramo do Rego de Lúa, do que toma o nome, é un salto duns dez metros en escaleira que rematan nunha ampla zona aberta do río. O acceso non é doado, pero nos permite gozar dun denso bosque e frondosa vexetación na que as micropaisaxes saen ao paso continuamente.