Descrición

“Seimeira” é o nome que reciben nesta comarca as fervenzas de auga. Neste caso, estamos ante un espectacular salto de auga natura de máis de cincuenta metros (posibilemente, o maior de Galicia) que remata nunha pequena lagoa. Chégase doadamente, camiñando por unha pista entre carballos e piñeiros. Ao chegar, unha ponte e pasarelas de madeira facilítannos o tránsito por unha zona dominada por un vizoso bosque de galería e na que o estrondo da auga ao caer, a luz do sol filtrada entre as árbores e as cores do bosque nos convidan a desfrutar desta contorna.

Vídeo