Descrición

Preto da aldea de Gromaz atópanse dous muíños bastante deteriorados malia que en proceso de restauración, que está literalmente pendurados sobre unha estreita parede de rocha. Ao seu carón cae con forza a auga, formando unha espectacular fervenza ou “seimeira”, como as denominan nesta zona, de máis de 20 metros de altura, que se pode ver a través da xanela dun dos muíños. O angosto do lugar, as construcións penduradas da parede, a abondosa vexetación, a auga que todo o salpica, fan que aquí se poida comprender exactamente que é unha micropaisaxe. O son da auga, as texturas das rochas e as cores da vexetación xeran unha contorna moi singular que paga a pena gozar tranquilamente.

Vídeo