Descrición

Na contorna da igrexa parroquial de Carballido atopamos varios exemplares de teixo común ou teixo negro (taxus baccata) de gran porte. Hai quen di que son milenarios. En todo caso, son exemplares de gran valor que compoñen unha bela imaxe coa igrexa á que acompañan. Proba da súa importancia é que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.