Descrición

As poldras son pedras grandes e planas colocadas sobre o leito do río, nun treito pouco fondo e á distancia dun paso, para poder cruzalo sen mollarse. Estas cruzan o río Deva moi preto da súa unión co Calvo, baixo unha bóveda de ameneiros e carballos. Toda a zona, atravesada polo sendeiro PRG 165, é un conxunto de recunchos onde gozar do cheiro do bosque e do son da auga. Se cruzas, faino amodo e co río en calma.

Vídeo