Descrición

Un cortín, tamén chamado “cortino” ou “albariza” noutras zonas de Galicia, Asturias e León, é unha construción circular formada por un muro alto a base de pedras do lugar, rematado por un aleiro de lousa e cunha única porta. A súa función era dar protección ás colmeas fronte ao ataque de osos. Neste de Castañoso, situado nas inmediacións do castro, só se conserva unha parte dos muros e o van da porta. Semi agochado pola vexetación, forma un conxunto moi atractivo e ateigado de potenciais micropaisaxes.