Descrición

Paso obrigado do Camiño Primitivo, nun cotarelo entre O Montouto (1.045 m) e O Muradal (1.110 m), son os restos dun hospital de peregrinos fundado en 1357 por Pedro I, Rei de Castela. Consérvase a estrutura das estancias principais, canalizacións de auga, etc. Moi preto hai un dolmen da Idade de Ferro e unha pequena capela con poucos decenios de antigüidade.

Vídeo