Descrición

Construída no s. XVII, ten planta de cruz grega e unha espadana con dúas campás. Destacan especialmente o seu amplo pórtico de lousa, o resto da cuberta e as singulares escaleiras que conducen ao campanario pola fachada da igrexa, algo nada frecuente. Integrada nun mesto souto, a presenza do cemiterio próximo e a vexetación que cubre boa parte da súa superficie, xunto coas pegadas do paso do tempo e do abandono, outórganlle un carácter especial. Sen dúbida, poderemos atopar unha chea de micropaisaxes nesta contorna. Está integrada na Ruta dos Pintores e moi preto, nunha vivenda achegada, hai un hórreo de grandes dimensións que paga a pena observar.