Descrición

A igrexa de Santa María de Piñeira sitúase na parte alta da aldea, tamén coñecida como A Eirexa. Destacan o pórtico de entrada, sinxelo mais de construción rotunda, e o campanario. O atrio está ocupado case totalmente polo cemiterio parroquial.