Descrición

Aparentemente, na súa orixe foi unha pequena capela á que se foron engadindo outras pezas. Destaca a entrada porticada, medio pechada por dous portóns de madeira. Na espadana hai un campanario con dúas campás. O estado exterior denota abandono, con grandes humidades e posibles afundimentos na cuberta. Porén, mantén un innegable atractivo visual e unha situación privilexiada no val. Ao seu carón está a reitoral, tamén camiño da ruína.