Descrición

Situado en Luaces, na beira do río Azúmara do cal aproveita as augas, atopamos esta boa mostra dun muíño do tipo “de dorna” ou “de caldeira”, menos frecuentes ca os outros sistemas, posto que precisan ríos con grande caudal. A auga desviábase por unha levada que a facía entrar no muíño por unha rampla que se estreitaba progresivamente para gañar forza e facer xirar os rodicios (as rodas con pas que aproveitaban o empurre da auga) e mover a moa.

Vídeo