Unha micropaisaxe é ese pequeno espazo, ás veces un recuncho, no que un elemento concreto (unha pequena capela, unha vella ponte, o tronco retorto dunha árbore, unha refrescante fervenza) chámanos a atención e compón unha bela imaxe que nos transmite calma e paz, xerando experiencias sensoriais e emocionais. Convidámosche a descubrilas e a gozar delas, só ou en compañía, a través da vista, do oído, do olfacto e mesmo do tacto. O concello de Becerreá ten moito para ofrecerche.

0 Resultados Atopados